Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da mostra ’40 Anos de carteis da Queimada de Cervo’, obra de Xosé Vizoso, que se poderá visitar nas Escolas Vellas de Cervo, durante o mes de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas

No acto, no que estivo presente o autor, participaron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, Rafa Blas, en representación de Airiños do Xunco, asociación que organiza a Queimada, ademais de moitos veciños e amigos. Villares convidou a veciños e visitantes a facer esta viaxe pola historia da Queimada Popular a través dos carteis que a representaron, obra do talento deste artista con maiúsculas. E é que a Queimada, con máis de 40 anos de historia, sempre vai da man dunha iconografía única que non deixa indiferente a ninguén!

Exit mobile version