Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival laranxa no partido de pretemporada no V Trofeo Portus Apostoli

Os laranxas golean a O Parrulo Ferrol 2-5 e asegúranse a súa praza na final

Burela, 25 de Agosto, 2022. Primeira parte de dominio absoluto do conxunto adestrado por David Rial. Os laranxas saíron con moitas intencións de levar o partido e nos primeiros minutos Pazos abría a lata nunha xogada combinada no minuto catro, ao que seguidamente no cinco sumaríaselle o gol de Alberto tras recibir un pase ao segundo pau noutra boa acción do CD Burela FS.

Isto non quedaría así, pois nesta primeira parte quedarían máis goles. O terceiro sumaríao Pitero no minuto 13 aproveitando un saque de esquina ben executado. No 16 Rikelme anotaría o cuarto despois dun contragolpe e ser asistido por Isma. Os ferroláns terían algunha oportunidade, pero non entrarían na meta defendida por Bruno polo momento, e con isto iríase ao descanso.

A segunda metade non cambiaría de guión, pois o CD Burela FS seguiu controlando o partido. Dominando o resultado, Lucho anotaría o quinto cun disparo desde a frontal no minuto 28. O Parrulo non se rendía e buscaba as súas opcións, e recortou distancias por partida dobre con dobrete de Iván Rumbo, primeiro cun disparo raso desde fóra da área, e nos minutos finais con outro lanzamento moi axustado ao pau. O ábitro pitaría o final co marcador a favor dos laranxas de 2-5.

Ficha técnica

CD Burela FS: Bruno, Isma, Rikelme, Lucho, David Pazos, –cinco inicial- Pitero, Nito, Alberto Mirás, Antón Arnejo, Kaluza, e Eloy .

Parrulo FS: Coro , Hélder, Noel, Domingos e Keita, -cinco inicial- Kanika, Adri, Iván Rumbo e Kevin Chis, Turbi, Iván Castro, Alonso, Alex Regueira, Charlie

Goles: Min 4 David Pazos 0-1; Min 5 Alberto 0-2; Min 3 Pitero 0-3; Min 17 Rikelme 0-4; Min 28 Loito 0-5; Min 30 Iván Rumbo 1-5; Min 39 Iván Rumbo 2-5.

Árbitros. Guntín Garrido e Vilas López Tarxeta amarela a Antón Arnejo. Tarjera Amarela a Kevin Chis, Tarxeta Amarela a Noel.

Incidencias: Partido Amigable correspondente ao V Trofeo Portus Apostoli. Pavillón Agustín Mouris.

Exit mobile version