O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, visitaron unha das sesións que imparte a especialista Nuria Torrado na Casa do Mar, en San Cibrao. As clases teñen lugar os martes e xoves de verán ás 12:00 horas, e están dirixidas ás crianzas de entre 6 e 12 anos. Son múltiples os beneficios do Ioga desde as idades máis temperás, entre eles: Aprender a respirar. Fortalecer os músculos. Obter maior flexibilidade e equilibrio. Mellorar a concentración. Adquirir conciencia do seu propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes. Estimular a súa creatividade e imaxinación.
Este verán, dentro da programación dos Enredos de Cervo, tamén hai clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida
Este verán, dentro da programación dos Enredos de Cervo, tamén hai clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
A colaboración de artistas da Mariña converte o Museo do Mar de San Cibrao nun espazo de sensibilización sobre o alzheimer
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela