O acto estivo organizado pola AECC de Ribadeo e contou coa presenza do coautor, Pepe Peinó, e tamén co doutor José Ignacio Vidal Pardo (Xefe de Endocrinoloxía do HULA de Lugo), con Sandra Amieiro (irmá da autora do libro, que tamén padeceu un cancro de mama) e coas voces de Toño e Eli, que interpretaron catro fermosas cancións. A autora, Raquel Amieiro, non puido asistir, ao atoparse ingresada nun hospital de Coruña por problemas derivados do cancro. A pequena sala da antiga oficina de turismo estaba ateigada de xente e o acto, unha vez máis, resultou moi emotivo.
Este venres presentouse en Ribadeo o libro “Un año contigo”, de Raquel Amieiro e Pepe Peinó, unha narración que conta a historia da loita da primeira contra un cancro de mama
Este venres presentouse en Ribadeo o libro “Un año contigo”, de Raquel Amieiro e Pepe Peinó, unha narración que conta a historia da loita da primeira contra un cancro de mama
Relacionado
-
De torreznos e chiquitos por Ribadeo é a nova xornada gastronómica de Acisa para despedir o mes de novembro
-
Ribadeo consegue financiamento na Xunta para realizar melloras nas instalacións deportivas
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo