Trátase dunha barredora compacta Johnson CN201, adquirida á empresa Automoción Vilar do Colo por un importe total de 53.226,69 €uros, financiados na súa integridade polo propio Concello. Conta cun chasis estrutural ríxido, sistema de suspensión “Glide II”, unha tolva de 1,5 metros cúbicos de capacidade de carga e turbina de aspiración de alto rendemento entre as súas características principais. Sen dúbida, un importante investimento que vai axudar a mellorar a limpeza dos viais e rúas municipais.