Burela, 1 de Agosto, 2022. David Pazos Fuentes seguirá no equipo a próxima campaña. O Á, converterase nunha peza fundamental no proxecto de Segunda División do conxunto laranxa.
A pesar da súa mocidade, conta con moita experiencia na máis alta competición, chegando a pasar por Santiago Futsal, Inter Movistar, Aspil-Vidal Ribeira Navarra, Movistar Inter, Palma Futsal, Aspil-Jumpers Ribeira Navarra, ata chegar ao Pescados Rubén Burela FS.
No seu palmarés destaca ser Internacional con España, 1 UEFA Futsal Cup (2017), 2 Campionatos de Liga (14/15 e 16/17), 1 Copa de S.M. o Rey (2015) e unha 1 Copa de España (2017). Por este motivo, Pazos, é un xogador moi valioso que conquistou títulos importantes nos seus clubs.
O á converterase nun xogador de referencia no equipo laranxa. O seu desborde, calidade e bo xogo, serán necesarias para que o conxunto mariñán cumpra os seus obxectivos. A pasada campaña anotou 11 dianas e xogou 28 partidos, demostrando a súa capacidade goleadora.
Na tempada 2022-2023 o club burelense contará cun xogador transcendental, que loitará ao máximo para explotar as súas características únicas e lograr todos os éxitos posibles.