A xogadora galega estará cedida esta tempada en Viaxes Amarelle FSF, un club no que poderá seguir crecendo como xogadora mentres remata os seus estudos.
CD Burela FS confía en que Cristina será en pouco tempo unha xogadora importante dentro do panorama nacional do futsal feminino e espera contar con ela no futuro para reforzar a súa plantilla.