Ribadeo, 7 de agosto de 2022. Concluíron as Noites Abertas de Acisa Ribadeo nas que participaron do 4 ao 6 de agosto 24 establecementos comerciais, que ofreceron promocións e descontos especiais.
A Batukada de A Folixa animou a tarde de onte, sábado, cos seus tambores ao igual que ocorreu o xoves coa Batukada de A Choca.
A directiva de Acisa fai un balance positivo desta campaña: “houbo moito ambiente nas rúas eses días e iso deixouse notar nos comercios e na hostalería. E os sons da batukadas animaron a tardiña en Ribadeo”. E engadiron: “agradecemos a participación dos 24 establecementos que se adheriron a esta campaña e as actuacións de A Choca e A Folixa, que fixeron que estas xornadas fosen especiais”.
Esta campaña de Acisa Ribadeo foi cofinanciada pola Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello de Ribadeo.