En Mondoñedo, ás 22:30 horas deste domingo, un accidente deixou tres feridos leves ao chocar dous vehículos. Unha das persoas resultou afectada polos cristais desprendidos froito da colisión. O alertador foi un dos implicados, que informaba ao 112 de que o choque se producira no quilómetro 536 da A-8, á altura de Santa María de Vilamor en dirección A Coruña. Os Bombeiros de Barreiros acudiron ao lugar pero non tiveron que intervir. Ademais, foron informados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.