En Mondoñedo, ás 22:30 horas deste domingo, un accidente deixou tres feridos leves ao chocar dous vehículos. Unha das persoas resultou afectada polos cristais desprendidos froito da colisión. O alertador foi un dos implicados, que informaba ao 112 de que o choque se producira no quilómetro 536 da A-8, á altura de Santa María de Vilamor en dirección A Coruña. Os Bombeiros de Barreiros acudiron ao lugar pero non tiveron que intervir. Ademais, foron informados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
Colisión na A-8 en Mondoñedo
Colisión na A-8 en Mondoñedo
Relacionado
-
Balseiro: “Unha sentenza di que a sinalización do desvío automático da A-8 é confusa, pero o Goberno de Sánchez di que é axeitada a pesar de que houbo condutores que incumpriron o semáforo en vermello”
-
A Xunta e o Concello de Mondoñedo exploran vías de colaboración para modernizar o matadoiro municipal e garantir a súa actividade
-
Remataron os Obradoiros e os Plans con Corazón, organizados pola Mancomunidade