Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo xa se prepara para a XLIV Queimada Popular do vindeiro sábado, 20 de agosto

A Festa está Declarada de Interese Turístico Galego

Cervo, 15 de agosto de 2022. A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 20 de agosto, a XLIV Queimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira, de Medio Ambiente, Mali Méndez, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arrincarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXVI Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas dun grupo de gaitas.

Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Mi Rollo es el rock, Sintrom Ni Son e Festicultores Troupe

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.

Exit mobile version