Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de persoas reclaman en Ribadeo a actuación urxente da Xunta diante do colapso da atención primaria na Mariña, na concentración convocada polo BNG

A Mariña, xoves, 4 de agosto 2022. Centos de persoas asistiron hoxe á convocatoria realiza polo BNG diante da grave situación de colapso da atención primaria na comarca. Na mesma, o alcalde de Ribadeo Fernando Suárez Barcia e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida fixeron públicas as reivindicacións nacionalistas diante do que está acontecendo en todos os centros de saúde da Mariña, donde moitos concellos triplican a súa poboación nos meses de verao mentras os efectivos sanitarios diminúen e sen que o Partido Popular tome cartas no asunto cando tén todas as competencias en materia sanitaria.

Suárez e Ermida fixeron fincapé en que a Xunta tén que facer os trámites necesarios para cubrir do xeito máis urxente todas as baixas e vacacións da Atención Primaria da comarca da Mariña, así como tamén recuperar os equipos sanitarios para persoas desprazadas, nesta comarca que triplica a poboación nos meses de verao.

Recordaron que o Bng xa planteou en sede parlamentaria que a Xunta de Galicia elabore de xeito urxente un plan de choque de 200 M€ para sacar atención primaria do colapso, porque é a peor parada do sistema, cunha precariedade laboral que non deixa de medrar o que explica que, por exemplo, o 60% dos médicos e das médicas formadas no MIR de atención primaria non se quedaron nesta especialidade, “porque non faltan médicos o que sobre a precariedade laboral”, afirmaron.

E por último, o que é mais importante ainda para esta comarca, desde o Bng plantean recuperar a Área Sanitaria que nos roubaron no 2017 así comao as Xerencias de Atención Primaria, que agora están en mans do HULA

Exit mobile version