Caridad é o terceiro reforzo do equipo esta tempada xunto a Patri e Antía, todas elas internacionais con España
Caridad é unha das mellores porteiras da nosa liga e a pesar de cumprir recentemente tan só 23 anos, xa é unha xogadora de extraordinarias garantías. Destaca polos seus reflexos debaixo dos paus e polo seu excelente un contra un.
A xogadora formouse na canteira do Cádiz FSF, e debutou en primeira división co Guadalcacín. As tres últimas tempadas militou nas filas do Poio Pescamar, e agora chega a Burela para seguir crecendo como xogadora e axudar o equipo para loitar por todos os títulos esta tempada. Caridad tamén é unha habitual nas convocatorias da Selección Absoluta Española.
Tras estes tres reforzos para o noso equipo feminino -e as recentes renovacións-, CD Burela FS quere deixar claro que polo momento non pechou o persoal para esta tempada.