A concelleira de Xuventude e Deportes amosouse moi contenta por poder presentar unha nova festa do baloncesto, na que colaboran os Celtas e que achega ao Pavillón de Marzán ao CB Breogán.
Un club moi querido en Foz e que nos fixo vibrar a tempada pasada cun gran baloncesto, reflectido na súa clasificación para a competición europea, despois de 37 anos.
O 28 de agosto, no pavillón Torques de Marzán, a partir das 19h, enfrontarase a outro gran equipo, o FC Porto, subampión portugués, no que seguro que será un deses partidos dos que fan afección.
As entradas estarán á venda a partir do martes, 16 de agosto, en Megabyte. O importe para os socios e socias do CB Celtas será de 5€ e a entrada xeral terá un custo de 10€. Para menores de 12 anos a entrada será gratuíta.