Foz, 15 de agosto, 2022. Carlos Mena, un dos grandes contratenores españois con ampla traxectoria internacional, fascinou aos preto de 200 espectadores que o escoitaron este domingo 14 de agosto na Igrexa de San Martiño de Foz. A excelsa voz do artista vitoriano ha soado no interior da igrexa máis antiga de España (S.VI) en compañía de Samuel Maíllo ao cémbalo. Os presentes saborearon un amplo repertorio de música española e italiana do século XVII, divido en catro bloques: ‘Mezclado en lo que canto va lo que muero’ con pezas de Mazocchi, da Gagliano e Monteverdi; ‘Mi corazón, mariposa, arder en todas procura’ con obras de Frescobaldi e Hidalgo; ‘A ser estrago nací’ con músicas de Correa de Arauxo, Cesti e Hidalgo; y ‘Ausentes sus ojos dicen cuanto relata su voz’ con composicións de Ferrari e Hidalgo. Tesouros pouco coñecidos para o gran público dunha época que cambiou a historia da música con cantos que deixaban sen palabras.
O ‘Festival Bal y Gay’ ofrecerá dúas actuacións gratuítas para todos os públicos este luns 15 de agosto. En primeiro lugar, Monicreques Etcétera presentará en Foz (19:00, entrada gratuíta) o seu espectáculo infantil ‘Almavera (sonata para violín e monicreques)’. Considerada unha das compañías máis recoñecidas de España no ámbito do teatro de monicreques con máis de 40 anos de traxectoria, representará mediante esta creación o seu compromiso coa tradición, a arte e o diálogo co público familiar. A historia de Almavera, unha nova aburrida que non sente pracer pola vida ata a chegada repentina de Vittorino, un apaixonado violinista. Un universo popular na contorna dunha palleira con monicreques e espectadores compartindo relatos e historias. Posteriormente, celebrarase a actuación de ‘Caamaño & Ameixeiras’ en Barreiros (21:00, entrada gratuíta). Dúo ligado á música e ao baile de raíz, composto por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). Ambas toman como punto de partida a tradición para crear despois a súa propia linguaxe con composicións e arranxos persoais e íntimos, mantendo a esencia do popular e incluíndo recursos contemporáneos.