Site icon Crónica3.com A Mariña

Baiuca chega este venres a Ribadeo co ciclo Revenidas dos Concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que forma parte dos Concertos do Xacobeo e celebrarase en Ribadeo e Lugo ademais de en Celanova

Lugo, 29 de agosto de 2022. A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do ciclo musical Revenidas, que promove a Xunta de Galicia ao abeiro dos Concertos do Xacobeo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, o promotor, Alfonso Vilanova, o músico e compositor Xavier Díaz, e o integrante da banda Treixadura, Álvaro Lamas.

O delegado explicou que a proposta, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, responde ao dobre obxectivo de apoiar ás industrias culturais galegas e estender a celebración do Xacobeo a todo o territorio, dinamizando vilas e cidades.

Baiuca Live Band protagonizará o primeiro dos concertos, que terá lugar na praza de España de Ribadeo este venres día 2 ás 22.30 horas.

O domingo 23 de outubro, ás 20.00 horas, Treixadura actuará no Pazo de Feiras e Congresos, escenario elixido con ocasión da vixésima edición da celebración do Día do Veciño, que organiza a Federación de Asociacións Lucus Augusti.

O terceiro dos concertos programados celebrarase en Celanova (Ourense) o 17 de setembro, ás 21.00 horas na praza Maior, e correrá a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que presentan o espectáculo “O Camiño da pedra” xunto coa compositora e violoncellista viguesa Margarida Mariño e os músicos Daniel Pereira (de Portugal), Carlos Herrero (Castela León) e Xabi Aburruzaga (Euskadi).

Exit mobile version