As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello. Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que se anima a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.