Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao longo desta semana @s nen@s do programa Ludiverán – Xogando en igualdade do Concello de Alfoz participaron nunhas xornadas de educación vial, organizadas en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo

Para isto, tiveron unha sesión teórica na que tomaron contacto coas principais sinais de tráfico, con normas sinxelas de circulación e, sobre todo, con hábitos adecuados para garantir a súa seguridade, tanto cando van de pasaxeiros dentro dun vehículo como cando son peóns. A actividade deste xoves foi a que lles suscitou maior interese xa que puideron percorrer o circuito de educación vial da DGT con bicicleta, patinete ou patíns, segundo a súa habilidade, e comprender a importancia tanto de protexerse (para o que empregaron casco e controlaron a súa velocidade) como de coidar e protexer ás demais persoas que circulaban polo circuito.

Exit mobile version