Para isto, tiveron unha sesión teórica na que tomaron contacto coas principais sinais de tráfico, con normas sinxelas de circulación e, sobre todo, con hábitos adecuados para garantir a súa seguridade, tanto cando van de pasaxeiros dentro dun vehículo como cando son peóns. A actividade deste xoves foi a que lles suscitou maior interese xa que puideron percorrer o circuito de educación vial da DGT con bicicleta, patinete ou patíns, segundo a súa habilidade, e comprender a importancia tanto de protexerse (para o que empregaron casco e controlaron a súa velocidade) como de coidar e protexer ás demais persoas que circulaban polo circuito.