Site icon Crónica3.com A Mariña

Adiado pola chuvia o concerto de Sintético Fantástico, previsto para este venres, dentro das Noites Abertas de Acisa Ribadeo

Ribadeo, 5 de agosto de 2022. Seguen as Noites Abertas de Acisa Ribadeo, que deron comezo onte, xoves. 24 establecementos comerciais asociados abren tamén hoxe e mañá ata as nove da noite.

Onte a Batukada de A Choca foi a encargada de poñer a nota musical polas principais rúas de Ribadeo. Hoxe, e debido ás condicións climatolóxicas adversas que se están a rexistrar, decidiuse aprazar o concerto de Sintético Fantástico que se ía celebrar na zona vella a partir das nove. Nos vindeiros días anunciarase a nova data.

E para mañá, sábado, está prevista a Batukada de A Folixa coa que concluirá esta nova edición das Noites Abertas, que organizou Acisa Ribadeo durante tres días.

Os establecementos participantes nas Noites Abertas son La Coqueta, Bis a Bis, Bora Bora, La Moda Joven, Opticalia, Pequerrechos, BoutiquePippol´s, Glass, Adele, Naná, Mika, Sanjurjo, Esprit, Saia, For friends, Pratería Gutié, Farfalakids, Anais, Terra Branca, Mercería Torviso, Menfer, R23, Jatay y Coco..

Esta campaña de Acisa Ribadeo está cofinanciada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version