O portavoz do PP de Ribadeo, Dani Vega, agradeceu á Academia Xacobeo, á Xunta de Galicia, por financiar esta actividade, e a Universidade de Santiago de Compostela, pola recuperación destas xornadas culturais que formaron parte do buque insignia da programación cultural do concello. Desde o grupo municipal popular fíxose unha valoración moi positiva da recuperación destas xornadas “cunha forte pegada en Ribadeo”.
“Agradecemos a Eduardo Gutiérrez, Jose Carlos Rodríguez Andina, ex alcaldes da localidade, a Manolo Valín, membro do comité científico das xornadas do Mar por Medio e as demáis agrupacións locais por seguir e darlle un valor engadido a esta xornada” engade Vega.
Cita destacada
Ao longo dos tres días que durará a cita levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición, así como interpretacións musicais.
Estas xornadas foron fundadas polo hispanista británico, John Rutherford, difusor do galego e do Camiño de Santiago e director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford. Unhas xornadas que vinculan Ribadeo cos máis altos especialistas na visión e no estudo pormenorizado do Xacobeo e da Galicia contemporánea.
Dani Vega agradeceu a John Rutherford por ser o impulsor e vinculador destas xornadas co concello da mariña lucense. “Esperamoste cos brazos abertos de novo na nosa vila”, destaca o popular
.