O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e representantes do concello presentaron na Delegación Territorial o programa da festa, que se celebrará entre os días 12 e 14 de agosto. O mercado mindoniense sumará un centenar de postos e preto de 80 actividades para público de todas as idades. Ofrece demostracións e venda de artesanía, como encaixes, cantería, coiro ou cerámica; ao longo da fin de semana tamén se poderá desfrutar de concertos, desfiles, actuacións de recreación histórica ou mesmo da degustación gratuíta de produtos gastronómicos.
A Xunta renovou un ano máis o seu apoio ao Mercado medieval de Mondoñedo, que cumpre a súa trixésima edición
A Xunta renovou un ano máis o seu apoio ao Mercado medieval de Mondoñedo, que cumpre a súa trixésima edición
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela