A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita, na que o cociñeiro Nardo Eiroa, do Canedo Brasería, fixo un showcocking no que preparou unha tapa de Faba, tenreira e mel. Ademais, a xornada contou tamén con degustacións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos. O toque musical púxoo a Asociación Cultural Amado Lar e Jotinhos.