Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña desprazouse ata o mercado de Foz para recoller sinaturas en defensa da Atención Primaria

Foz, 23 de agosto, 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña desprazouse hoxe ata o mercado de Foz para recoller sinaturas en defensa da Atención Primaria.

O dispositivo colocouse na entrada do mercado de 11 a 13 horas e ata alí se achegaron numerosas persoas que asinaron a ILP de medidas urxentes para fortalecer e reforzar a Atención Primaria.

O colectivo sanitario tamén resolveu moitas dúbidas que veciñas e veciños plantearon en relación á catastrófica situación que está a sufrir a Atención Primaria na Mariña, con agardas vergoñentas e persoal en mínimos, ao non ser substituidos nos seus permisos nin baixas. Agrava a situación o feito de que non se está a contratar persoal sanitario para as persoas desprazadas nunha comarca que triplica a súa poboación nos meses de verán, cargando esta actividade asistencial sobre os xa exhaustos profesionais sanitarios- conclúe Montse Porteiro coordinadora da Plataforma Sanitaria.

Exit mobile version