Site icon Crónica3.com A Mariña

A Platafoforma Sanitaria da Mariña presenta a campaña de recollida de sinaturas para recuperar a atención primaria

A iniciativa lexislativa polpular está promovida por SOS Sanidade Pública ,Plataforma da que este colectivo forma parte

A Mariña 12 de xullo de 2022. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña ven de presentar diante dos medios de comunicación a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria diante do Centro de saúde de Burela. Trala presentación fíxose unha primeira recollida de sinaturas a modo de arranque da campaña, a cal tivo unha moi boa acollida por parte de veciñas e veciños, profesionais e diversos cargos públicos que se achegaron a asinar e a unirse á campaña.

Desde o colectivo anunciaron que esta campaña desenvolverase ao longo e ancho da comarca, tendo presenza en todos os concellos e acudindo aos eventos, mercados e actos máis importantes que se desenvolvan na Mariña.

A ILP pretende a implantación de medidas para a recuperar a Atención Primaria como parte esencial do sistema sanitario público galego.

Para poder debater esta inicativa no Parlamento son precisas un mínimo dez mil sinaturas, e segundo adianta Montse Porteiro , portavoz da Plataforma Sanitaria da Mariña “as nosas previsións para a comarca son recoller xa nesta comarca as dez mil sinaturas, cifra que vemos realista a tenor do descontento xeralizado que están a amosar mariñás e mariñaos”.

O texto da iniciativa lexislativa popular incide en medidas tan importantes como mellorar a estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias extrahospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención,dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá, rematar coas listas de agarda en primaria ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade eliminando a fenda de xénero na atención sanitaria, entre outras.

Desde o colectivo sanitario avanzan que a próxima mesa de recollida de sinaturas colocarase no mercado semanal de Foz o martes 23 de agosto, en horario de 11 a 13 horas.

Animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen á mesa para apoiar coa súa sinatura unha iniciativa que salve do abismo á Atención Primaria.

Exit mobile version