No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera” e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val. O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.