Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa Deputación de Piraguismo, patrocinada pola Vicepresidencia, continúa este luns en Viveiro, coa disputa da cuarta regata

O CP Viveiro Urban Hotel organiza a proba, que conta con máis de 200 palistas inscritos

Lugo, 12 de agosto de 2022. A Ría de Viveiro o vindeiro luns -15 de agosto- unha nova regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo.

O CP Viveiro Urban Hotel é o organizador desta terceira proba na que se prevé a participación de 214 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -CD San Ciprián, CP Altruán de Ribadeo, Club Kayak Foz, CP Viveiro Urban Hotel, Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo-. As saídas comezarán ás 17.00 horas e faranse de forma escalonada, por categorías.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.

O deputado de Deportes Efrén Castro convidou aos afeccionados e afeccionadas a seguir a regata e animar ás novas promesas do piraguismo na comarca a través destas probas que contribúen tamén ao impulso e á proxección dos propios clubs”.

Tras as tres primeiras regatas, disputadas en Portomorín, Ribadeo e Cervo, a clasificación por clubs encabézaa o Club Fluvial de Lugo, seguido por Cidade de Lugo e CP Altruán de Ribadeo.

Exit mobile version