O director da Banda ribadense, David Ballester, explica que “é un concerto creo xa que bastante coñecido por todos, que tivo moitísima aceptación dende que o retomamos. Ímolo facer o domingo 28 e quero resaltar que houbo un cambio de hora e de ubicación respecto aos anos anteriores: vai ser no auditorio Hernán Naval ás oito e media da tarde. Imos interpretar un repertorio que está dirixido sobre todo aos nenos, aínda que aos pais obviamente tamén porque hai obras que os pais viron cando eran nenos. Entón queremos que sobre todo os nenos veñan a ver o concerto, xa saben que é a nosa música acompañada con imaxes desas películas, e queremos que se sintan como si estiveran véndoas no cine. Son películas que van a coñecer, como Encanto, Coco, Star Wars ou A Historia Interminable, entre outras”.
David Ballester destaca que no concerto deste domingo “todas as pezas que imos tocar acompañadas das imaxes desas películas exceptuando dúas van ser interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Isto é algo significativo xa que non e nada fácil, despois das actuacións que levamos neste verán (Indianos, Día da Patria, San Roque, o Festival de Bandas,…), montar un repertorio dunha hora con solo dúas obras que xa se tocaron unha vez, e o resto son novas, por primeira vez están no noso atril; entón quero resaltar ese esforzo que fan os músicos por sacar a Banda adiante, para que isto funcione e que siga por moito tempo co concerto de música de cine e con todas as demais actuacións”.
O director da Banda ribadense anima a que “os pais ou os avós se acheguen ao auditorio Hernán Naval e traian aos nenos para que poidan gozar desas películas, que coñecen, que son actuais, e que desfruten da música. Entón quero convidar a todos a que este domingo, 28 de agosto, ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval se acheguen a desfrutar da música e das películas a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.