Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Viveiro visita a escola infantil municipal, un servizo básico para a conciliación da vida familiar e laboral

Viveiro, 2 de agosto de 2022. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron esta mañá a escola infantil municipal.

Na súa visita, escoitaron as propostas da comunidade educativa do centro e da súa directora, Vanesa Martínez Luaces, pensando xa no curso 2022/23.

“Para nós, o ensino de cero a tres anos é unha prioridade, xa que favorece a conciliación da vida familiar e laboral”, asegura a alcaldesa.

“Queremos mellorar o funcionamento das instalacións, escoitando para iso as propostas da dirección”, engade.

Exit mobile version