Site icon Crónica3.com A Mariña

XXV Xornadas de Historia de Foz

Foz, 23 de xullo, 2022. A casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle de 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco desde fai 25 anos.

A programación das xornadas deste ano é a seguinte:

‘Os portos de Foz’: Xoán Ramón Fernández Pacios. Luns 1 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.

‘A primeira guerrilla antifranquista na Mariña’: Eliseo Fernández e Dionisio Pereira. Martes 2 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.

‘A masonería na Mariña’: Martín Fernández Vizoso. Mércores 3 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.

‘O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña’: Francisco Rodríguez Sanchez. Xoves 4 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.

Exit mobile version