Nas xornadas, en esta ocasión de temática Xacobea, que se celebrarán en Ribadeo, participará o hispanista británico John Rutherford, impulsor das mesmas en anteriores edicións, antes da súa interrupción
Santiago, 15 de xullo de 2022. A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organizará, os días 16, 17 e 18 de setembro, as XVII Xornadas Xacobeas “Mar por Medio”.
Nesta Xornadas, estará presente e participará como Conferenciante o Hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española, e do Camiño de Santiago, impulsor e difusor destas Xornadas en anteriores edicións
Ao longo dos 3 dias levaranse a cabo conferencias, táboas redondas, unha exposición sobre a Ruta Xacobea e interpretacións musicais, todo elo relacionado co Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.
Como conferenciantes e participantes nas táboas redondas, estarán persoas do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da igrexa, da administración e da propia Academia, todas elas expertas coñecedoras e difusoras do mundo Xacobeo.
A inscrición para asistentes estará aberta na web da Academia Xacobea www.academiaxacobea.gal a partir do día 20 do presente mes.