Xove, 13 de xullo de 2022. Dada a importancia de moitos dos seus recursos arqueolóxicos, e a campaña de sondaxes e posta en valor iniciada no xacemento de San Tirso de Portocelo no ano 2020, o Concello de Xove continúa cos labores de divulgación do seu patrimonio coa organización da Xornada Arqueolóxica do próximo venres 15 de xullo. Os relatorios serán os seguintes:
19:00h-20:00h. Presentación da publicación A memoria da paisaxe, a cargo de Sergio Pereira, arqueólogo membro de NOSO cooperativa, autores da mesma.
20:00h-21:00h. Presentación dos resultados da I Fase da Escavación do Xacemento de San Tirso de Portocelo, a cargo de David Fernández Abella, arqueólogo director da intervención.
21:00h. Clausura da Xornada.