Foz, 2 de xullo, 2022. O padexeiro focense Xoel Docal venceu por segundo ano consecutivo a LX Travesía Internacional Ría de Foz, na categoría K2 absoluta (K2 Senior), este ano xunto ao seu compañeiro Albert Liberal (Club Ría de Betanzos).
O tempo investido polo barco gañador foi de 00:49:00,83, quedando segunda a embarcación formada por Diego Gomez e Ivan Dominguez do Club Confraría Pescadores de Portonovo e en terceira posición o barco formado por Darío Rodriguez e Pablo Vazquez do Club Ría de Betanzos.
A regata foi dominada de principio a fin polo barco do focense que practicamente se escapou desde inicio coa embarcación K2 Veteranos tamén do Ría de Betanzos de Neftali Paraxe e Adolfo Monteagudo, quen gañou na súa categoría. A falta de 1000 metros para a meta un forte tirón do K2 de Xoel e Albert deixou sentenciada a regata cunha folgada vantaxe na liña de meta.
Os resultados alcanzados polos padexeiros locais do Club Kaiak de Foz, foron:
Ramon Lanzós 11º en K1 Master.
Enrique Díaz 13º K1 Master.
Angel Gomez 15 K1 Master.
Iago García 10º K1 Xuvenil (envorcou e aínda así conseguiu volver subirse ao K1 e remontar ata esa décima posición).
Nerea Debasa 5ª Muller K1 Xuvenil.
Maria Fernandez & Ainhoa Perez 2ª en Muller K2 Xuvenil
Na clasificación por clubs foi primeiro o Cidade de Lugo, segunda posición para o Club Ría de Betanzos e en terceira o Club Naval de Pontevedra. O Club Organizado, Club Kaiak de Fo,z acadou a décima posición.