Nese país atópanse o presidente de Apaga, Álvaro Doural, e a responsable de proxectos europeos da asociación, Sandra Gómez. Nestes encontros participan un total de 15 persoas pertencentes a outros socios que traballan neste proxecto europeo de países como Turquía, Croacia, Italia, Lituania ou Romanía. Durante a súa estadía en Lituania achegáronse a empresas do sector da automoción e a centros de ensino nos que se imparten estas materias.
A viaxe de Apaga a Lituania remata no día de hoxe.