Ribadeo, 5 de xullo de 2022. Unha representación de Apaga atópase estes días en Kaunas, en Lituania, participando nunha xuntanza de traballo do proxecto europeo Inclusion and Employability Through Electric Vehicles Tecnology.
Nese país atópanse o presidente de Apaga, Álvaro Doural, e a responsable de proxectos europeos da asociación, Sandra Gómez. Nestes encontros participan un total de 15 persoas pertencentes a outros socios que traballan neste proxecto europeo de países como Turquía, Croacia, Italia, Lituania ou Romanía. Durante a súa estadía en Lituania achegáronse a empresas do sector da automoción e a centros de ensino nos que se imparten estas materias.
A viaxe de Apaga a Lituania remata no día de hoxe.