A esa hora, varias persoas particulares alertaron do accidente ao 112 Galicia. Segundo indicaban, o condutor do camión puidera saír do vehículo polos seus propios medios. Sen embargo, engadían, que a persoa que circulaba no turismo estaba atrapada.
Axiña, con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Cervo, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación.