Ao fío das 17:30 horas, os profesionais do servizo de urxencias sanitarias chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar. Do mesmo xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado do paciente ao centro hospitalario de referencia.