Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de rapac@s desfrutou dunha viaxe ao parque acuático de Cerceda, dentro das actividades de verán do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 7 de xullo de 2022. O pasado luns, 4 de xullo, comezaron as actividades de verán da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade nas que están a participar 416 rapaces e rapazas. Onte un grupo achegouse ata o parque acuático de Cerceda.

Durante todo o mes de xullo e a primeira semana de agosto 416 rapaces e rapazas gozarán das colonias Un verán de historia, da semana tecnolóxica e do encontro xuvenil Ribadeo coa Mocidade.

Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “non esquecemos que as actividades e campamentos de verán forman parte da conciliación da vida laboral e familiar, pero queremos ir un pasiño máis alá, e non ser so unhas actividades de entretemento e goce, queremos garantir ás familias un complemento educativo aos seus nenos e nenas, queremos proporcionar un modelo de intervención socio educativo baseado en temas transversais, que contribúan a un enriquecemento da formación como persoas, sumarlle a socialización e relación entre iguais, potenciar a cultura creativa en igualdade, emprendedora e emponderadora”.

E engaden: “non temos máis que agradecer novamente, a participación das familias, que ano tras ano animan aos seus fillos e fillas a disfrutar das actividades que organizamos desde o Concello de Ribadeo”.

Exit mobile version