Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de 25 nen@s, de idades comprendidas entre 9 e 13 anos, gozaron duns días de campamento en Morás dentro do Programa de actividades de carácter medioambiental do Concello de Xove

Tiveron un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprendeu desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, o obradoiro “Coidamos da natureza”, surf na praia de Esteiro, sendeirismo, kaiaks, xogos acuáticos, tiro con arco e moitos xogos máis. Este campamento está encadrado dentro de Xuventude no  Programa de verán do Concello de Xove.

Exit mobile version