Tomé destaca a importancia das PEMES para a fortaleza do tecido empresarial da provincia
redac
José Tomé participou na entrega do VI Premio PEME do Ano 2022
Lugo, 12 de xullo de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na entrega do VI Premio PEME do Ano 2022, organizado pola Cámara de Comercio e o Banco Santander, co apoio do Grupo El Progreso. Este galardón recoñece o traballo das pequenas e medianas empresas de Lugo durante a última anualidade. “Esta cita demostra ano a ano o bo traballo que realizan as PEMES lucenses, reforzando o tecido empresarial da provincia e apostando polo noso territorio a través dos seus proxectos”, destacou.
O mandatario provincial entregou ao xerente de Vinigalicia, Juan Luis Méndez, o premio PEME do Ano e, o accésit á internacionalización, ao xerente de Adegas Guímaro S.L., Pedro Manuel Rodríguez Pérez. Tomé Roca valorou a importancia destas empresas para “dar a coñecer os viños con Denominación de Orixe da Ribeira Sacra fóra de España, sendo pioneiras no sector en moitos ámbitos”.