Site icon Crónica3.com A Mariña

Rinlo acollerá o vindeiro sábado, 30 de xullo, a Festa do Percebe

Ribadeo, 25 de xullo de 2022. Dani Vega e os percebeiros chaman a visitar Rinlo e disfrutar da Festa do Percebe. Rinlo acollerá o vindeiro sábado, 30 de xullo, despois da pandemia, a XVII Festa do Percebe con ilusión e gañas e disfrutar do seu produto estrela.

O portavoz popular, Dani Vega, agradece o esforzo e traballo dos percebeiros e da hostalaría que traballan conxuntamente para seguir apostar por unha festa clave para esta vila mariñeira.

Vega pon en valor a colaboración da Xunta de Galicia que financia esta festa con vocación de ensalzar aos percebeiros e ao seu produto. Así, a administración autonómica financia pratos reciclables, tanto á organización da festa como a toda a hostalaría de Rinlo, para que a xente poda comer e tamén conservar o medio ambiente. “Unha idea innovadora e moi positiva”, considera Vega-

A Xunta de Galicia tamén colabora financiando grupos musicais, cartelería, roupa identificativa da festa, baños…

“Dende o noso Grupo Municipal colaboramos naquelo que precisan e que nos pediron. Xestionamos orzamento ante a administración autonómica e, para os anos seguintes, seguiremos innovando e colaborando cos percebeiros con outros proxectos e, tamén, cunha festa tan importante para Ribabeo”, finaliza Dani Vega

Exit mobile version