Foron os tripulantes dun caiac quen rescatou o corpo da persoa na zona de rochas do areal.
Ás seis e cuarto da tarde, varias persoas particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar de dúas persoas que parecían precisar axuda para saír do mar que, nese instante, atopábase bastante revolto. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias, varios dos alertantes indicaban que unha das persoas en apuros xa se encontraba fora da auga, aparentemente, en bo estado.
Inmediatamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos servizos sanitarios, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, os axentes da Garda Civil confirmaron que sacaron o corpo da auga dunha persoa pero que pese aos esforzos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida. Información que engadiron tamén os voluntarios de Protección Civil, desde o lugar.