Desde o club o primordial é darlle todas as facilidades posibles a este xogador, para que evolucione cada día e creza como profesional no seu deporte. Renato, vai ter a posibilidade de ampliar horizontes e novas experiencias no Jaén Paraíso Interior. Este é un equipo moi competitivo de primeira división RFEF que na recente tempada finalizada realizou unha actuación moi boa, chegando a eliminar ao Inter en Playoff e quedándose a portas da final.
O xogador de orixe caboverdiana, proveniente das categorías base do conxunto mariñán, leva desde o seu salto ao primeiro equipo xogando todas as tempadas a un gran nivel e clube e xogador acordaron un cambio de aires para incrementar o seu desempeño como profesional. Na súa nova andaina, rodeado dun clube de tanto nivel, seguro que mellorará en moitos ámbitos, nun Jaén FS que sae a competir e levar todos os partidos.
O clube deséxalle ao xogador os maiores éxitos nesta nova etapa e agradécelle toda a dedicación e esforzo realizado nos seus anos no equipo laranxa.