Burela, 27 de xullo, 2022. No día de hoxe anúnciase a volta de Renato Rodrigues Monteiro (Praia-Cabo Verde, 2001). Súmase á lista de canteiráns laranxas que militarán no equipo na seguinte tempada.
O á formado nas categorías inferiores do Pescados Rubén Burela, volve tras haber defendido ao Parrulo Ferrol en 2021-2022. O conxunto mariñán está a elaborar un equipo novo e con atrevemento, e Renatinho ten a posibilidade de aportar moito ao equipo dirixido por David Rial.
Renatinho, vai ter a opción de crecer na pista volvendo ao seu equipo, grazas ao seu traballo, constancia e sacrificio.