Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas
A continuación, todas as persoas visitantes poderán degustar espetadas mouras no campo da festa; e xa pola tarde, desde as 18:00 horas, dará comezo o festival propiamente dito da man de XMaseda65, para seguir con @cachas & cousins, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Gin Toni´s e rematar coa guinda do pastel: King África. A continuación amenizará a Disco Móvil Conxuro.
Xa na xornada do luns, a sesión vermú correrá a cargo do grupo JB Son.
Villares quixo felicitar “a este grupo de mozos polo esforzo realizado para sacar adiante este festival que se fusiona á perfección coa contorna excepcional de Sargadelos no que se desenvolve; e convidou a veciños e visitantes a desfrutar dunha fin de semana única repleta de actividades para desfrutar en familia en con amigos”