Os socorristas do areal sacárono da auga e trataron de reanimalo sen éxito. Con todo, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios que, unha vez no lugar, só puideron confirmar o seu falecemento. No punto tamén se atopaban os axentes da Garda Civil e da Policía Local, que acudiron tras o aviso do 112 Galicia.
Cómpre indicar que foron os mesmos socorristas quen, preto das 18:30 horas de onte, chamaban ao número único de emerxencias para pedir axuda para un home que se mareara mentres se bañaba e acabara tragando moita auga. Malia que foi posible sacalo do mar, as labores de reanimación remataron con un resultado negativo.