Os populares expuxeron unha batería de preguntas ao executivo central nas que transmiten o malestar dos veciños e dos representantes de Adif pola grave posición na que se atopa a comarca lucense en materia ferroviaria
Lugo, 28 de xullo de 2022. A liña ferroviara estreita de A Mariña en Lugo leva devaluándose ano tras ano. Cada vez son menos as frecuencias dos trens, menos fiables polas averías de unidades defectuosas e incluso moitas das liñas carecen de persoal suficiente tanto nos ferrocarrís como nas estacións.
Os senadores populares esixen explicacións ao executivo central ante este despropósito que está a sufrir a comarca. O Goberno de España anunciou recentemente unha inversión de 24 millóns de euros para mellorar o servizo que presta o ferrocarril na comarca nos vindeiros 27 meses.
Por outra banda, representantes de Comisións Obreiras reuníronse no mes de xullo cos alcaldes da comarca para transmitirlles a súa inquietude por este tema, pois o problema reside na disposición transitoria terceira da nova Lei de Mobilidade Sostible que está preparando o goberno e que sería unha ferramenta política para a posible eliminación definitiva do servizo ferroviario de vía estreita que comunica e vertebra A Mariña lucense.
A senadora do PP de Lugo, Rosa Arza di: “Esta nova Lei de Mobilidade Sostible que está a preparar o goberno central podería ser utilizada como instrumento legal para eliminar este servizo ferroviario, apelando a criterios economicistas que non atenden ás necesidades reais da poboación”.
Con esta reunión, o obxectivo dos representantes sindicales de Adif foi o de buscar solucións e tratar de facer un frente unido para evitar a marxinación á que está exposta a comarca en materia de infraestructuras ferroviarias.
Ademáis, sublíñase que os habitantes dos núcleos rurais da provincia de Lugo están afectados polas políticas de transporte do executivo central, aumentando o despoboamento das zonas máis afastadas das grandes cidades.
Batería de preguntas
Como consecuencia das queixas constantes dos veciños e dos representantes sindicais en materia ferroviaria, os senadores do Partido Popular de Lugo expuxeron unha batería de preguntas ao goberno de Pedro Sanchez.
Rosa Arza explica: “Remitimos estas preguntas para coñocer as intencións do executivo respecto a este servizo de FEVE que comunica e vertebra a comarca da mariña lucense e do cal é totalmente responsable”.
Entre as preguntas que se fixeron neste aspecto son:
– Está a incluír o Goberno de España a disposición transitoria terceira da Lei de Mobilidade Sostible para utilizala como instrumento legal para efectuar unha eliminación definitiva do servizo ferroviario de ancho métrico?
– Está a barallar o Goberno central a posibilidade de eliminar a liña de ancho ferroviario métrico que comunica e vertebra a comarca da Mariña lucense?
– Con cantos traballadores contaba FEVE en 2019 na comarca da Mariña e cantos ten na actualidade?
– Pensou nalgún momento o Goberno de España nas necesidades ferroviarias dos cidadáns do rural e en como estas medidas poden fomentar o despoboamento do rural?
– A que cre o Goberno central que se debe a preocupación dos sindicatos e dos propios traballadores dos servizos ferroviarios ante unha posible desaparición da liña estreita ferroviaria na comarca da Mariña?
– Como valora o Goberno central que os propios traballadores de Adif esixan “acabar coa marxinación da comarca en infraestruturas” e aludan a unha “necesidade urxente” de melloras e a un “escaso avance ante as peticións” realizadas polos afectados?
– Por que o Delegado do Goberno en Galicia négase a reunirse cos representante sindicais de Adif para abordar os problemas que afectan á liña ferroviaria de vía estreita da Mariña?