Lébrase a data da galerna do ano 1961 na que se afundiron 3 embarcacións do porto de Celeiro: o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela; e o Santa Lucia con base en Espasante, cun balance de trinta vítimas mortais, dos que vintenove desapareceron no Cantábrico. Dende o ano 1995, data en que se inagurou a praza en memoria das xentes do mar, a comisión pro-monumento ao náufrago organiza este acto. A celebración eucarística estará presidida polo párroco de Celeiro D. Juán Novo Gabeiras e armonizada polo grupo Sons de Celeiro.