As Noites é un programa que ofrece unha alternativa ás saídas nocturnas de botellón, fomentando actividades de desenvolvemento social, así como o deporte e os hábitos de vida saudables
Foz, 15 de xullo, 2022. O martes 19 de xullo, a partir das 22h, comezamos con fútbol praia, na Rapadoira para rapaces e rapazas de 10 anos en adiante.
As persoas interesadas en participar tan só deben inscribirse o primeiro día antes de cada actividade. Aquelas que sexan menores de 18 anos necesitarán autorización asinada.
As ubicacións das actividades serán as habituais: A Rapadoira e o Campo da Cabana.
A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, amosa a súa ledicia por realizar de novo As Noites, posto que os veráns anteriores cando íamos a dar comezo, as medidas sanitarias impediron poder levalas a cabo.
Así tamén, anima a toda a mocidade a gozar de forma saudable das Noites, como viña sendo habitual, cun gran ambiente.
En Foz, as noites do verán son especiais.