Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres (21 H) conversa na libraía Bahía con María López Sández, autora recén ingresada na RAG, e Miguel Fraga Vila, fotógrafo. Ambolos dous xunto con María Isabel Fraga Vila son os autores do libro ‘O Herbario de Rosalía’

Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as frores e as prantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía. No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada pranta e flor xunto coas características botánicas das mesmas, e a fotografía de cada unha, nun formato moi atractivo e sinxelo. Miguel Fraga Vila foi o encargado das excelentes fotografías que o nutren e María López Sández do texto.

Exit mobile version